Dimes e diretes sobre o enlace coa N-120

La Voz

LEMOS

Levamos días enzarzados no dilema de si o enlace coa N-120 por Francisco Moure é a proposta do BNG, ou se polo contrario iste defende a alternativa consensuada no seu día cos veciños e aprobada na asemblea local, que consistía en facer uns aneis e dar entrada ós diferentes puntos da cidade desconxestionando de tráfico o centro. Pois ben, despois dos dimes e diretes do candidato e o responsable municipal, os veciños ainda dubidan cal é a alternativa real, e o máis triste é que a organización non di nada. ¿O que cala otorga? A cousa é tan sinxela como amosar a acta da asemblea onde se aprobou a resolución e así poder desmentir a un dos dous. ¡Ai! Inxenuo de min, cómo van a asinar a alternativa aprobada si esa non é a do omnipresente candidato. É lexítimo que calquera persoa, grupo ou organización mude de parecer, pero o que non é nin lexítimo nin ético é que se dea por boa unha alternativa que non pasou pola asemblea, que é quen ten capacidade de aprobar, suspender, rectificar ou incorporar as ideas que os militantes ou simpatizantes estimen oportunas. Eu me pregunto, ¿no BNG a política municipal cambia dependendo de quen sexa o candidato?, ¿tal é o atrevemento do candidato que fai unha rolda de prensa presentando unha alternativa que foi rexeitada no seu momento polo BNG?E para xustificar a súa acción argumenta que non vai ir o famoso foso e se respecta o paso a nivel, e ataca ó portavoz municipal que sae en defensa da postura lexítima e aprobada en asemblea. ¿Que intereses ten o candidato e os seus amigos para meterse nesta liorta? Ou é que a liña política do BNG é agora deixar os pasos a nivel, porque según di vai quedar cojonudo e ata vai ser unha atracción turística, que virán de todas partes para ver pasar o tren. Acaso asume o candidato e a organización do BNG a perda de vidas humáns que levan consigo, por desgracia, os pasos a nivel.Pero o máis triste de todo é que se está a xogar coas infraestructuras de todos os monfortinos e, o que é peor, que quen coñeza o funcionamento interno do BNG sabe que o candidato está falseando a verdade, xogando coas palabras, grupos de traballo, organización, etc. Logo, cabe preguntarse ¿pódese mentir a sabendas de que se está mentindo?