Cerrotas que non son de fiar

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LEMOS

FERNANDO DE LA PEÑA

No sur lucense aumenta a presencia dunha seta tóxica moi parecida á lepiota comestible A coloración da carne é fundamental para distinguir as variedades venenosas

12 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A No sur lucense non se rexistran desde hai moito tempo intoxicacións graves por inxestión de cogomelos, pero os expertos recomendan manterse sempre alerta, sobre todo cando non se é coñecedor. A este respecto, o micólogo monfortino Fernando de la Peña sinala que nos últimos anos ten notado que nesta zona está abundando moito a especie tóxica Macrolepiota bohemica , que non é mortífera, pero que causa fortes trastornos gastrointestinais a quen a consume. Polo seu aspecto e tamaño, os non habituados poden confundila coa popular cerrota ou Macrolepiota procera . Para evitar erros, De la Peña recomenda fixarse ben na coloración que presenta a carne do fungo cando é cortada. A auténtica cerrota non cambia de cor, pero as especies tóxicas que máis se lle parecen si cambian, adquirindo rapidamente unha tonalidade semellante á da cenoria. Moi parecida tamén á cerrota é a Macrolepiota venenata , que é igualmente tóxica pero non mortal. Esta especie abunda moito menos, aínda que pode aparecer de vez en cando noutras zonas da provincia. As setas que teñen un aspecto similar á cerrota, pero que son de menor tamaño -cun diámetro de menos de 8 centímetros- deben rexeitarse sempre. Pode tratarse da Lepiota brunneoincarnata ou da Lepiota helveola , ambas mortais.