29 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.
As dúas regras de ouro para que calquer tipo de desplazamento en automóvil remate con éxito son a prudencia e a prevención. Así o lembra a DGT co gallo do inicio desta operación saída. Lástima que estas dúas máximas non sexan tidas en conta por un tanto por cento moi elevado de conductores. Aínda onte tiven a oportunidade de ver como un energúmeno, impaciente porque o coche que levaba diante circulaba devagariño empezou a da-las luces e non contento procedeu a facer un adiantamento en raia contínua. Sucedeu na N-VI na circunvalación da cidade. Con tolos así, calquera operativo que se establezca fará auga por tódolos sitios.