Actividades
Calcula a túa pegada. Botellas, bolsas, envoltorios de alimentos, cepillos de dentes, cubertos... A lista de obxectos cotiáns que usamos de forma máis ou menos habitual é moi longa. Podes calcular o teu consumo na ferramenta en liña dispoñible na páxina de Earth Day Network (EDN). Poderías reducir o uso dalgúns deses obxectos de plástico?
https://www.earthday.org/plastic-calculator/
«Mar de plástico». O Aquarium Finisterrae da Coruña exhibe unha exposición que pretende concienciar aos cidadáns sobre o gran problema ecolóxico, ambiental e socioeconómico que supón o lixo plástico mariño. «Mar de plástico» contén 85 obras artísticas realizadas con materiais recuperados como lixo nas praias galegas. Foron creadas coa colaboración da asociación Mar de Fábula e o colectivo RetoqueRetro.