A noticia é túa

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

Din que foi un galego, Alexandre de Fisterra, o inventor do futbolín
Din que foi un galego, Alexandre de Fisterra, o inventor do futbolín ANGEL MANSO

16 noticias amosan o desenvolvemento de 16 habilidades mentais, creativas, humanas. ¿Cantas noticias servirían como mostra da necesidade e desenvolvemento das 16 habilidades mentais presentadas polo profesor norteamericano Arthur L. Costa nos seus libros, e das que falamos hoxe en primeira páxina?

15 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Buscamos, por exemplo, na web de La Voz de Galicia a lista e resumo de noticias que aparecían o pasado 6 de febreiro, Seguramente todas esas noticias servirían dalgún modo para mostrarche esas 16 habilidades. Pero non é máis que un exercicio simbólico de clasificación, xa que, ao longo das noticias dunha semana, e non só dun día, si que o traballo de elección sería moito máis fácil. Pero vale como experimento áxil para entender de que vai a importancia da noticia para axuda do teu desenvolvemento mental e creativo cumprindo o slogan de hoxe: «A noticia é túa».

 

1. PERSISTENCIA: «A raíña Isabel II, de 90 anos, fai hoxe historia, unha vez máis, ao cumprir 65 anos no trono, a primeira monarca británica que celebra un xubileu de zafiro. En setembro do 2015, Isabel II superou os 63 anos de reinado da súa tataravoa, a raíña Victoria, que rexeu de 1837 ata a súa morte en 1901».

 

 

2. ESCOITA EMPÁTICA: «O titular de Industria do Goberno galego explicou que o Instituto Galego de Consumo porase a disposición dos cidadáns para “trasladar toda a información” necesaria acerca dos seus dereitos e do procedemento de reclamación».