O novo ano comeza con disputas mal pechadas que poden estoupar en calquera momento
16 ene 2016 . Actualizado a las 11:20 h.Ano novo, problemas vellos. Esa podería ser a síntese dese escenario cada vez máis global que é o planeta. Porque os bos desexos que se manifestan na maior parte do mundo a noite do 31 de decembro non pasan de ser iso: desexos. Ás guerras manifestamente abertas ?Iraq, Siria, Afganistán...? ou de baixo perfil ?como Colombia ou Ucraína?, cómpre sumar os conflitos larvados que non van nin para un lado nin para outro. E atópanse en todos os continentes. Algúns deses conflitos, non todos, son polvoreiras que se cadra estouran este ano ou se cadra non. Se as previsións sempre son difíciles, neste eido moito máis.
? Turquía. O país do planeta que ten na cadea a máis periodistas é un exemplo de violencia larvada debida en gran parte ao autoritarismo do seu presidente, o islamita Recep Tayip Erdogan. A actitude deste no ano pasado permite aventurar que a represión contra a minoría kurda vai aumentar, sobre todo porque os choques armados (pequenos, esporádicos, constantes) co Partido dos Traballadores Kurdos son habituais nas zonas fronteirizas.
? Kosovo. Este anaco da antiga Iugoslavia que despois pasou ser unha provincia autónoma de Serbia e máis adiante foi absorbida por Belgrado, o que desencadeou unha guerra, acabou sendo un protectorado da ONU e, para completar o galimatías, declarouse independente pola súa conta. España non recoñeceu tal independencia. Nacións Unidas non sabe que facer con ese niño de estraperlistas e pequenos mafiosos en que se converteu o territorio, e fía todo a que Kosovo negocie con Serbia su estatus definitivo.
? Nagorno Karabakh. É un anaco da ex república soviética de Acerbaixán, pero en realidade contrólaa un Goberno separatista que non foi recoñecido por ningún país do mundo pero si, curiosamente, polo estado norteamericano de California. O 10 de decembro de 1991, nun referendo que pode ser cualificado de calquera cousa menos de democrático, unha parte da poboación apoiada por Armenia decidiu crear un estado independente. Ese foi o principio dunha guerra practicamente tribal que provocou 20.000 mortes e obrigou a fuxir a 800.000 persoas, e na que se acadou un alto o fogo en 1994. Os incidentes menores nas novas fronteiras sucédense e a represión sobre os disidentes é o pan noso de cada día en Nagorno Karabakh.
? Tíbet. En 1913 declarouse país independente, pero en 1951 China ocupouno polas bravas tras gañar o ano anterior a batalla de Chamdo: 40.000 soldados do Exército de Pequín pasaron por riba dos 8.500 que tiñan os tibetanos. A pesares dos chamamentos á non violencia do actual dalai lama, a ocupación militar continúa, con gran desgusto da poboación que xa nos últimos tempos reforzou os seus chamamentos á resistencia. Por agora a forte represión de Pequín impediu á saída ás rúas dunha poboación descontenta co statu quo. Por certo, a superficie do Tíbet é dúas veces e media a de España e nela viven tan só 373.000 habitantes.
? O Salvador. A pequena nación centroamericana sufriu unha longa guerra civil desde 1980 que custou 75.000 vidas, e, se ben xa rematou en 1992, a violencia sigue sendo constante, cunha gran tensión en zonas rurais e en barrios urbanos, ao punto de que nos últimos días El Salvador desbancou a Honduras como o país máis violento do planeta que non sufre unha guerra declarada. Os asasinatos cóntanse por ducias cada 24 horas.
? Illas Feroe. Un fortín do sentimento democrático e da maneira tamén democrática de levar adiante un proceso político exemplar que nin avanza nin retrocede. A que foi a primeira autonomía do mundo (1948) é case un país independente e mesmo ten a súa moeda propia. Fáltalle exército e representación diplomática, prerrogativas do Estado ao que pertence, Dinamarca. As eleccións son sempre moi rifadas, pero o sentimento nacionalista-independentista parece non remitir e en Copenhague esperan que calquera día poñan enriba da mesa a súa marcha. Iso si: as fortes tensións internas non acabaron nunca en incidentes violentos.
Sahara Occidental: vellos españois podrecen no deserto alxeriano
A ex provincia española do Sahara Occidental leva en guerra con Marrocos desde 1975, cando o exército colonial se retirou e entrou o alauí. En 1991 ambas as dúas partes asinaron, baixo o paraugas protector da ONU, un acordo de cese o fogo que con máis ou menos tensións se está cumprindo.
A maioría dos saharauís malviven en catro campamentos de refuxiados situados preto de Tinduf, en chan alxeriano. A falta de renovación na súa enquistada dirección política, o Fronte Polisario, fai temer tensións internas nos propios campamentos ao longo dos vindeiros meses. Mentres, o referendo de autodeterminación pactado en 1991 e que deberá poñer fin á guerra nin se albisca.
Actividades
- No arranque da reportaxe dise que o planeta Terra é un «escenario cada vez máis global». ¿Que é iso? ¿Que significa global? Mira nas túas cousas. ¿Hai algunha feita en China? Collede os abrigos ou chaquetas e botade unha ollada á etiqueta que teñen por dentro. ¿Onde foron feitas? ¿Ten que ver iso algo coa globalización?
- Nun mapamundi, ¿atréveste a situar todos eses lugares máis os que cita a reportaxe?
- No texto aparecen algunhas palabras que quizais nos remitan ao dicionario: referendo, «statu quo», dirección política, estraperlista, mafioso, negociacións...
- ¿Qué é un dalai lama? ¿Cal sería o seu equivalente na relixión católica?
- ¿Sabes calcular a densidade de poboación do Tíbet? ¿E a de Galicia? ¿E a de España?
- ¿Ten algo de positivo unha guerra? ¿Gañan algo as persoas que están nela? ¿E o medio? ¿Hai alguén que gañe cando empeza unha guerra?