A escola global

> Jesús Garrido cursosrepeeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

24 oct 2012 . Actualizado a las 13:22 h.

Este é, de partida, o intento altisonante deste panel de discusión co gallo da festa das Nacións Unidas que celebramos hoxe, 24 de outubro do 2012, porque así se proclama iso tan grande de tantos pobos nominalmente xuntos, co seu intento de levar e comunicarse ben. Pois que o nome, e os feitos, sirvan para este remedo máis sinxelo: Escola global. ¿Que non é posible?

n Che direi. Hai moita cousa boa polo mundo adiante, e os eficaces medios de comunicación permiten, facilitan, estimulan a comunicarse, valorarse, intercambiar o que se fai ben en tantas partes do mundo. E, por suposto, sen mediar nin conflitos nin guerras, nin presións económicas, o cal servirá de alivio, porque a cousa vai de educación unida, vai de paz e tamén de acougo intelixente.

n Imos poñer un pequeno exemplo: Hoxe, para abrir páxina entre nacións, eliximos cinco noticias que estean entresacadas doutros ámbitos escolares. E facémolo en inglés, que co galego e castelán, tan de tantos, facilítanos entendernos moi ben na experiencia aberta que supoñen as nosas clases multilingües.

n Facemos un resumo breve da noticia internacional e damos conexión para que nesas dinámicas clases de idiomas poidan lerse directamente no xornal que se cita. Un esforzo para hoxe que axude, hoxe tamén, á idea de Escolas Unidas. ¿Por que non?

Skype in the Classroom acaba de anunciar publicamente a súa especial colaboración co Día Mundial do Mestre, que se celebrou o pasado 5 de outubro. Aínda que as súas achegas xa eran coñecidas e así mesmo utilizadas en moitos centros non só como documentación didáctica nos seus traballos, senón tamén como intercambio de experiencias entre alumnos de diversos países, agora anuncia novas achegas para os seus 2.000 proxectos que xa están en funcionamento. Así, por exemplo, a conexión coa NASA Dixital Learning Center, o The National Museum of Royal Navy, Education trough e outras.

? CONEXIÓN: https:education.skype.com/ e Skype in the Classroom. Texto noticia: Skype in the Classroom Adds New Partners and Resources for Teachers.

1. MUNDO

Mestres por todo o orbe

É a proposta que fixo o profesor Wu Bihu do colexio de ciencias experimentais da Universidade de Pequín: as nenas poden comezar a escola aos 6-7 anos, pero é mellor que os nenos atrasen a súa entrada ata que cumpran os 7-8. A razón, segundo o profesor, está en que as escolas necesitan conseguir unha mellor preparación para a realización dunha serie de probas nas que as nenas logran mellores resultados. Pero enseguida xurdiu a voz dos pais dicindo que, en todo caso, non se debe diferenciar aos alumnos polo xénero senón pola súa capacidade de traballo e aprendizaxe. A noticia fai referencia a resultados reais que logran as nenas e os nenos non só ante as probas oficiais senón na riqueza e complementariedade de nenos e nenas tanto en China como incluso nalgunhas zonas de Estados Unidos.

? CONEXIÓN: CHINADAILY.com.cn / US Edition / 2012-10-10. Título: Should boys start school after girls?

2. CHINA

¿Un ano de espera para os rapaces?

Os nenos franceses van á escola catro días á semana. Teñen unhas dúas horas cada día para o chamado lunch. E gozan de máis tempo de vacacións que moitos dos países do seu entorno. A maioría dos seus pais teñen un horario laboral de 35 horas á semana. É certo que os días de clase son poucos, pero as horas de traballo dos alumnos pequenos en total parécense moito ao horario laboral dos seus pais. O presidente François Hollande, cando era candidato, prometeu engadir o mércores como día de clase, acurtando ademais o horario de cada día. Isto rompería a máis que centenaria tradición escolar francesa. A solución, talvez cando leas estas liñas.

? CONEXIÓN: abc NEWS, October 5, 2012. Texto noticia: France Looks to Upend School Year Traditions

3. FRANCIA

¿Remata a semana curta na escola?

Os alumnos dos graos 5 ao 9 da escola alemá Elsa?Brändström North Rhine?Westphalia terán máis tempo libre a partir do outono, xa que a administración lle concedeu que non leven deberes para a casa.

Con esa medida, algúns alumnos que tiñan dificultades cos seus estudos poderá recuperar o ritmo da clase e os que van ben terán a oportunidade de aproveitar o seu tempo libre para outras actividades, despois das súas clases, que terminan ás 6 da tarde: deportes, música e outros.

A experiencia, en principio, durará dous anos e comprobaranse os resultados. Pais e profesores aceptárono, aínda que a algúns alumnos que preparan o seu exame para entrar na high school non lles queda tempo para divertirse.

? CONEXIÓN: The Local / Germany´s in english / oct 15-2012/ Texto noticia: School bans homework for two years

4. ALEMAÑA

¿Prohibidos os deberes no meu colexio?

A Fundación Edutopia, cuxa misión pedagóxica é a suxestión de ideas novas e en certo xeito aparentemente utópicas, recolle 8 formas útiles para aprender inglés en clase, adaptándose aos intereses dos alumnos e suscitando entre eles o diálogo. A súa explicación breve e as ligazóns suxeridas poden ser útiles a todos os profesores, incluso doutras materias: análise crítica, diálogos cara a cara, reflexión escrita, dobraxe muda, conexión coa actualidade, preguntas e videoclip, estratexias de lectura, aprendizaxe inductivo.

? CONEXIÓN: edutopia / october 10/ 2012 / Texto noticia: Eight Ways to Use Video With English Language Learners.

5. ESTADOS UNIDOS

As vantaxes do vídeo para aprender inglés