A peña aproveita o parón de Liga para xuntarse nuna festa que se prolongará durante toda a tarde
14 nov 2025 . Actualizado a las 11:01 h.Este sábado, día 15, é o día escollido pola peña celtista viguesa A Tapa Celeste para celebrar a súa comida anual de Nadal no restaurante Ta-Pra e aproveitando o parón na liga pola fecha FIFA de novembro. Serán máis dun cento de afeccionados -arredor de 110- para un evento que se prolongará durante toda a tarde e que garantiza un «ambiente súper celtista», en palabras do seu presidente, Alberto Osorio. Haberá DJ e un monólogo de Juantxonito para garantizar as risas dos asistentes. En representación do club, contarán coa presenza do conselleiro José Manuel Amoedo.
E que eu teño comida de empresa
— A Tapa Celeste (@CelesteTapa) October 7, 2025
Eu comida de amigos
E eu comida do traballo!!!
Pois non pasa nada, adiantamos a nosa comida navideña!
15 novembro, restaurante Ta-pra de 14 a 21,30 h
Dj de sobremesa e monólogo de Juantxonito
Pra anotarse, avisade polas nosas rrss
? pic.twitter.com/l729jAm9ot
A Tapa Celeste ten o seu xerme durante a pandemia, cando un grupo de celtista que se coñeceran por Twitter comezaron a pensar na ida de formar unha peña; foton a primeira en inaugurarse desde o covid. Neste tempo, convertéronse nunha das agrupacións celtistas máis activas, con iniciativas como a gravación dun documental sobre a bandaca de Gol a tempada pasada, entre moitas outras.