Bueu Celeste celebrou o seu décimo cuarto aniversario 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

BUEU CELESTE

Arredor de 60 dous seus cen peñistas acudiron á festa celebrada este venres 

25 may 2024 . Actualizado a las 13:21 h.

A peña celtista Bueu Celeste celebrou este venres o seu aniversario como cada ano, e xa van catorce. Ao evento, celebrado na súa sede, o Iglesiario, na parroquia de Cela, acudiron arredor de 60 peñistas do cento que teñen actualmente e aos que se sumaron representantes da Federación de Peñas, así como compoñentes da peña veciña Ardán Celeste, de Marín.

O acto serviu para comentar a actualidade do Celta desta o alivio que supón chegar á última xornada coa permanencia acadada, ademais de emprazarse a verse de novo este domingo en Balaídos, así como a seguir apoiando ao Celta Fortuna. «Antes do partido ante o Valencia hai unha gran festa previa preparada como culmininación os actos do centenario, e tamén queremos darlle folgos ao Celta fortuna, así como tamén estaremos animando no play off de ascenso», di o seu presidente, Gustavo Campos.

Recalca que o aniversario se celebrou «nun ambiente festivo, coa xente xa calmada despois de obter a permanencia» nunha temporada na que tiñan «postas moitas ilusións que logo se converteron en sufrimento continuo ata o cambio de adestrador e este ultimo arreón final». Agora, é momento de festexar, e para eles, especialmente, este venres tan especial.