«Inda nos estamos coñecendo. Cada mestre ten o seu libriño. O que temos que facer os xogadores é adaptarnos ao que nos pide o adestrador», dixo Sergio, que comentou que «os resultados non chegaron, e destituíuse o adestrador. A ninguén lle gusta». Néstor Araújo compartíu as palabras dos seus compañeiros, e engadíu que «nosotros estábamos a muerte con Fran, y ahora con el nuevo míster. Hay que luchar y salir de donde estamos».
«Las cosas cambiarán»
Pero se os tres futbolistas pensaban ter escoitado a máis gorda, na seguinte intervención unha muller lles espetaba a pregunta que todo celtista leva tempo facéndose: «¿Cando tedes pensado darnos unha alegría?». E aquí a experiencia é un grao. Sergio tomou a palabra: «Esperemos que o seguinte domingo que xoguemos, e o seguinte partido en Balaídos, ante o Valladolid». E deixou claro que «tanto vós, coma nós necesitamos esa alegría. Inda que non o creades, nós tamén o pasamos mal. Somos xente nova, que necesitamos gozar dunha alegría». Unha resposta acollida con aplausos no auditorio da Illa, como todas as do trío celtista, que escoitou de Santi Mina unha declaración de intencións semellante á do Gato de Catoira: «Los jugadores somos los primeros que nos vamos fastidiados a casa después de otra derrota. Entendemos a la afición. Ni vosotros ni nosotros nos merecemos estar donde estamos. Las cosas cambiarán, y volveremos a daros alegrías».