Especulacións

Xosé R. Castro FONDO NORTE

GRADA DE RÍO

O venres puido quedar claro, pero Luis Enrique adicouse a repetir que todo eran especulacións. Puido quedar claro se chega a dicir que quería cumprir o seu segundo ano de contrato en Vigo, zanxando o asunto do mesmo xeito que o fixera Klopp e Valverde. Ou puido obviar a palabra especulacións e admitir que algo se estaba cocendo.

Coas súas especulacións o que fixo foi enganar a ese celtismo que leva varios meses entregado aos seus encantos balompédicos. Ningén pode cuestionar o seu labor, logo das rectificacións, no Celta dentro do campo, pero as xestións externas deixan moito que desexar.