Receitas tradicionais

GRADA DE RÍO

21 oct 2013 . Actualizado a las 11:34 h.

As licenzas e os inventos son para cando loce o sol, non para cando o temporal ameaza. E dase o caso de que arredor do Celta comeza a xerarse unha treboada. A necesidade apreta, e quizáis sexa o momento de deixar de mirarse o embigo. De comerse sapos, se é preciso, e de poñer sobre o tapete as mellores pezas, e nos postos correspondentes. Adeus aos experimentos e adeus ás cartas brancas. Os pratos máis suculentos cocíñanse cos mellores ingredientes, e na despensa céltica hai calidade de sobra. Só hai que cociñala con criterio, seguindo as receitas da lóxica. Porque se a alta cociña non está ao alcance dos celestes, haberá que volver aos pratos tradicionais. Eses que, dende a humildade, son quén de convencer aos padais máis exquisitos.