Morris: «Gusto das Rías Baixas, da cidade e do terraceo»

R. P.

GENTE

XOAN CARLOS GIL

Os ingredientes fundamentais dos veráns de Antonio Durán, Morris, teñen que ter tranquilidade e boa música

07 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Galicia como destino estival, elección de moitos, incluso de galegos tan senlleiros coma Antonio Durán, Morris. Tranquilidade e boa música son os ingredientes fundamentais dos seus estíos. 

-¿Quen escribe o guión dos seus veráns?

-Eu mesmo e o tempo.

-Se tivese que vivir estes meses coma un dos seus personaxes, ¿por cal se decantaría?

-Non creo que me identificase con ningún deles. Os meus personaxes adoitan ser moi inquietos. Eu, pola contra, intento vivir dun xeito máis calmado. 

-¿Cal é o itinerario das súas vacacións?

-Normalmente quedo en Galicia e viaxo por aquí. Gusto das Rías Baixas, de pasear pola cidade e de apuntarme ao terraceo. 

-Entón, ¿mellor sol e praia en vez de escenarios e focos?

-Depende, se o escenario e os focos son bos, benvidos sexan. Con todo, a min adóitame coincidir estar parado nestes meses  polo que opto por gozar da praia, do mar e tamén, de cando en cando, da casa.

-¿Pratos combinados ou alta cociña?

-Os pratos combinados gústanme ben. Con todo, inclínome pola alta cociña, aínda que non son consumidor habitual.

-Un albariño en man e de fondo...

-Eric Burdon, de The Animals

-Unha troula, ¿onde e con quen?

-Cos meus amigos máis íntimos, nas Cíes e coas estrelas da noite, agardando a que chegue o amencer. 

- E de ter a oportunidade de instaurar unha festa, ¿como e cando sería?

-Sen ter que poñerlles un nome especial, unha de benvida e outra de despedida do verán.