O vigués foi unha das figuras máis influentes do pensamento anarquista español
05 ago 2025 . Actualizado a las 19:56 h.A Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Vigo convoca este xoves 7 de agosto, ás 11:00 horas, un acto de homenaxe a Ricardo Mella Cea no cemiterio de Pereiró, coincidindo co centenario do seu pasamento. Ricardo Mella Cea (Vigo, 1861-1925), topógrafo de profesión e pensador anarquista, humanista e escritor, «foi unha das figuras máis influentes do pensamento libertario en lingua castelá, e foi considerado o teórico mais brillante do anarquismo español», asegura a CGT nun comunicado. «A súa obra e traxectoria seguen a ser un referente pra quen defende unha sociedade baseada na liberdade, a igualdade e a xustiza social», añaden.
Para a CGT, o seu legado sigue vivo «como exemplo de coherencia e entrega aos ideais libertarios». «O seu pensamento continúa vixente e convida á reflexión crítica e a construcción duna sociedade máis xusta e igualitaria. A día de hoxe, o seu nome é sinónimo de loita e dignidade dentro do movemento libertario», aseguran. Ricardo Mella dedicou os derradeiros 15 anos da sua vida a dirixir a Compañía Anónima de Tranvías Eléctricos de Vigo. Dende CGT-Vigo, convidan á ciudadanía viguesa a participar no homenaxe, nos 100 anos do seu pasamento, de este ilustre libertario vigués, que se vai celebrar ás 11:00 horas no cemiterio de Pereiró, fronte o monumento que preside a súa sepultura.
A CGT quere lembrar tamén a súa firme defensa do sindicalismo como ferramenta de loita e organización da clase traballadora, «nun momento na que a acción directa está sendo perseguida polo estado dende o poder lexislativo e o xudicial ao aplicar o Estado a Ley Mordaza que está a permitir impoñer penas de cadea e multas a sindicalistas e activistas antifascistas por protestar contra os patróns (seis da suiza) ou manifestarse contra o fascismo (seis de Zaragoza)». Como dixo Mella: «A liberdade non se recibe, conquístase», lembran.