Os concellos poden pedir desde este xoves as axudas da Xunta para costear os servizos de socorrismo do vindeiro verán
GALICIA
A liña de subvencións está dotada con un millón e medio de euros
13 feb 2025 . Actualizado a las 16:52 h.As entidades locais galegas poden pedir desde este venres e ata o 13 de marzo as subvencións a través das que a Xunta axuda a financiar os servizos de socorrismo de praias e outros espazos acuáticos, incluidas piscinas descubertas, de cara ao verán deste 2025.
Estas axudas permiten cubrir gastos salariais do persoal dos servizos de vixilancia, rescate e salvamento, sexa persoa propio da entidade, desempregados contratados para prestar o servizo na vindeira tempada estival, ou os gastos de contratación dunha empresa externa.
Serán subvencionables os gastos imputables ao servizo de socorrismo entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.
O orzamento desta iniciativa é de un millón e medio de euros. As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, conforme a un sistema de puntos que ten en contra, entre outras cousas, o número de zonas de baño e a poboación da entidade local ou o número de bandeiras azuis coas que conte.
A orde pola que se convocan estas axudas e se establecen as súas bases reguladoras está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste xoves.