Operación despiste

Bieito Lobeira

GALICIA

Noqueado o PP polas ducias e ducias de imputados nas operacións Pokémon, Orquestra, Patos, Gürtel, Bárcenas, etcétera, Feijoo decide fuxir cara adiante na planeadora e lanza a operación cortina de fume cun «código ético» sen valor legal, para aplicar a cargos e funcionarios da Xunta. O primeiro que debería facer é cumprir a lei e obrigar aos seus a respectala. Comezando pola Lei de Transparencia e Boas Prácticas aprobada no 2006 polo bipartito; en particular os artigos 10 e 11 sobre contratos e convenios da Xunta e o artigo 15 sobre agasallos. Menos burla a sociedade e máis cumprir a lei, señor Feijoo.

Bieito Lobeira é Secretario de Organización do BNG