«Feijoo dixera que non ía tocar o emprego público»

La Voz CC.OO.

GALICIA

Otero di que Facenda xustifica os recortes en que a economía empeorou dende o verán

23 dic 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

O responsable de Función Pública de Comisións Obreiras (CC. OO.), Ramiro Otero, incide na perda de capacidade adquisitiva dos empregados públicos da Xunta, e reclama medidas de axuste de carácter fiscal, que penalicen tamén aos bancos e non só aos traballadores.

-¿Séntense enganados os empregados da Administración autonómica?

-Feijoo dixera que non ía tocar aos empregados públicos. Non se trata só deste recorte do 4 %, senón de que se suma aos que nos aplicaron dende o 2010. Isto terá unha consecuencia clara sobre o consumo. Hai outras formas.

-¿Cales son as súas propostas?

-Non se pode actuar sempre sobre os gastos e non tocar os impostos. Hai que tomar medidas na banca, na imposición do IBI á igrexa. Por aí hai que ir, e non sempre sobre os traballadores.

-¿Qué explicacións lles da Facenda de portas a dentro sobre os axustes?

-A súa xustificación é que, dende o verán, a economía deste país foi empeorando. Eles mesmos recoñecen que as súas políticas son equivocadas. O problema é o engano absoluto. Hoxe a Xunta di unha cousa e mañá outra. Non nos aportan ningunha documentación. Dende o noso sindicato queremos plantexar respostas contundentes.