«Hai vida alén da portavocía nacional do Bloque, voltarei á miña praza de profesor de instituto en Pontevedra», explica Guillerme Vázquez sobre o que fará despois do verán.
-¿Cre que os resultados das autonómicas víanse vir trala perda de apoio social que tivo o BNG nunhas xerais nas que o PSOE perdeu 300.000 votos en Galicia? ¿Faltou un chisco de autocrítica?
-Noutros lugares do Estado o desplome do PSOE non se traduciu nun transvase de votos a outras forzas de esquerda e nacionalistas. Pero máis alá diso, creo que non hai maior esforzo de debate que o que fixemos cunha asemblea extraordinaria na que todo o mundo expresou o que quixo. Somos un exemplo de democracia interna sen parangón en ningunha outra forza do Estado.
-¿Como van ser as relacións parlamentarias do Bloque Nacionalista con Alternativa Galega de Esquerda?
-As normais. Nós teremos o noso perfil e a nosa estratexia de defensa do autogoberno e dun cambio de modelo. En función diso haberá coincidencias e desavenencias.
-¿Temen quedar solapados pola figura de Beiras nesta lexislatura?
-Non temo nada diso. Estou convencido da personalidade dun BNG que vai ter as súas alternativas, o seu perfil. Que quedemos ou non solapados dependerá de factores alleos a nós.