Imaxe «Matrix»para promover o uso do galego

La Voz

GALICIA

O galego tamén pode ser unha arma cargada de futuro. E así faino saber unha campaña de publicidade que manteñen en revistas e paneis a Xunta e a Mesa Pola Normalización Lingüística. Os carteis aproveitan a imaxe da película Matrix, nun intento de achegar a nosa lingua ás novas xeracións. Uns modelos que lembran a Neo e Trinity aparecen cun letreiro que di así: «Atrévete a descubrir a túa verdadeira identidade. Galeguiza a túa vida». Todo o que se faga polo galego é pouco. Aínda que segue a ser o idioma máis empregado en Galicia, o seu uso baixou dende 1992 ao 2003.