Catro dirixentes da CIG teñen saído con cargos por un presunto delito de danos, ¿permítelles seguir sendo válidos nunha mesa de negociación? -Entendemos que si. Non hai nada probado respecto destes compañeiros. Partimos do que nos din eles, que non teñen nada que ver con estes destrozos. Pero aínda que se probase que son responsables, parécenos que serían persoas máis válidas para a negociación do que o poda ser o empresario, que é o que está arrastrándonos a este conflicto. -¿As detencións non comprometen a CIG? -Temos uns dirixentes que se por algo se caracterizan é por dar a cara nos conflictos. Con isto non pretendo asumir o que se fixo co tema este dos destrozos denunciado polo empresario. Só digo que os dirixentes, cando afrontamos a dirección de conflictos, sabemos que corremos riscos, e que por veces hai que realizar determinado tipo de accións e prácticas que para nada están na nosa intención, e probablemente esa non teña sido a forma na que se entrou no conflicto. Pero hainos que se complican, e que se levan a situacións con saídas moi difíciles.