Hai pouco máis de dous anos faleceu Arturo Lezcano e, para testemuñar que o seu perfil como narrador vai máis alá das súas obras publicadas, o selo Dr. Alveiros, dependente da Fundación Vicente Risco, publica o inédito MemOria nunha edición ao coidado de Camilo Franco e Xosé M. Pacho, responsables do limiar e do epílogo, respectivamente.

A estética predominante nas obras narrativas do ourensán abalou polas estremas da literatura fantástica, da ficción científica e do memorialismo. Hai aquí ocasión para o inesperado ao quebrar as barreiras canónicas da novela, se é que hoxe as hai. MemOria é un exercicio de polifonía, un texto coral que entretece o noso pasado coa ficción, mesmo coa crónica, tantas veces irónica e aguilloante. Todo nunha proposta heteroxénea, incardinada nun percorrido que atravesa a cerna do XX e que se focaliza desde unha voz senlleira que, proxectando unha ollada crítica, rebelde, nos fala de Oria: esa cidade «secularmente levítica»; esa Áurea ou Oregón se se quer, estática e inmutable, onde seica nunca ocorre nada.

Son estas unhas memorias do autor? Talvez, mais iso non é o importante. Éo ese mare mágnum oceánico alimentado por un discurso dirixido a un álter ego do autor que vén sendo el mesmo dándolle forma co rescate ficcional de cartas, relatos, fragmentos parateatrais ou treitos ensaísticos entre os que asoman ucronías, mais coa «memOria» sempre presente grazas ás páxinas onde se detén no desamor, na atracción polo cine ou o xornalismo; no trato con Risco ou cos chamados «artistiñas». Todo conxugado con a visión dunha realidade que non fai falta deformar pois, como excelente narrador e xornalista que foi, cóntanola e abonda.

«MemOria»

ARTURO LEZCANO

EDITORIAL DR. ALVEIROS PÁXINAS 148 PREZO 16

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Inédito Lezcano