A crise da covid-19 a debate


sociólogo, psicanalista e teórico cultural Slavoj ?i?ek, que se describe nestas páxinas como un «desacomplexado filósofo da subxectividade», conta con grandes detractores e tamén con defensores sen concesións. Sexa como for, cómpre saudar a chegada, nunha tradución a cargo de Carlos Aymerich, deste Pandemia! A covid-19 sacode o mundo, basicamente porque incita ao debate.

Neste libro agroma, unha vez máis, unha característica frecuente nos ensaios de ?i?ek, como esa articulación singular na que conflúen vernices da psicanálise de inspiración lacaniana. Relatos de filiación popular ou estritamente literaria cunha palpable intención didáctica, unha sorte de posmarxismo ou referencias a multitude de películas e series, sen abandonar un diálogo con voces críticas extraídas do pensamento contemporáneo como son Byung-Chul Han ou Giorgio Agamben.

O filósofo formula, así pois, unha revisión dos efectos da crise da covid-19 coa vontade de darlle forma á crenza persoal de que a saída á situación actual repousaría no que el denomina, dun xeito un tanto difuso, «algunha forma de comunismo», apelando á solidariedade e á posta en marcha dun impulso de carácter global que activaría un cambio radical e necesario en moitos aspectos. Para este obxectivo, articula unha análise que percorre a economía, a política e as liberdades reparando nunha serie de asuntos que van cara a unha nova forma de amor, pasando polos cambios que a aparición do virus supuxo para o individuo en tanto ser social ou polas restricións operadas nas liberdades persoais ata esas tres tormentas que, ao seu parecer, ameazan Europa como son o golpe directo do coronavirus nas persoas, os efectos económicos que arrastra e o que denomina virus Putogan, que engloba a política que representan as figuras de Erdogan e Putin.

Un libro, en fin, cruzado por un espírito dialéctico e cheo de preguntas que conclúe inquiríndose pola forma social que substituirá á actual: un debate aberto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A crise da covid-19 a debate