«Xente ao lonxe", de Eduardo Blanco Amor
31 jul 2015 . Actualizado a las 05:10 h.
Antóllaseme pouco efectivo dicir algo novo dela, mais non tanto o de animar á súa lectura, ou ben relectura, e nada mellor que facelo nunha edición que vén da man do profesor Xosé M. Dasilva quen, tras investigar na Fundación Penzol e no Archivo General de la Administración, recupera con brillantez o orixinal libre das amputacións que a censura lle infrinxira hai máis de catro décadas. Unha gran oportunidade para lelo, por fin, libremente.