Vitoria copeira do Asmubal en Meaño

La Voz

FIRMAS

14 oct 2014 . Actualizado a las 04:52 h.

Ao contrario co seu veciño do Grove, o Asmubal inda está no tempo previo ao inicio de Liga, no seu caso da Segunda Galega. O cadro meañés atópase disputando a Copa da súa categoría, derrotando o pasado sábado na segunda xornada do seu grupo 32-24 o Moaña no pavillón de Coirón. Sampa, con 7 goles, liderou o cómodo triunfo do cadro saliniense, que no minuto 10 xa dominaba 8-2.