ÚLTIMAS HORAS - BLACK DAYS -
Suscríbete 1 año con el 50% de descuento
Quiero la oferta

Xente con memoria

Xosé M. Cid LA FIRMA

FIRMAS

08 oct 2014 . Actualizado a las 04:00 h.

O Congreso de Patrimonio Etnográfico chega á súa quinta edición en Ourense e, como dixo Risco, «ser diferente é ser existente». Ter conciencia da nosa identidade cultural, da nosa capacidade de crear cultura arredor de calquera actividade profesional, artística, social, económica ou política, fainos estar vivos no mundo. E isto non é novo; é o que fixeron os «nosos» ao longo dos anos e dos séculos; uns a través da transmisión oral, como portadores, e outros facendo etnografía, historia, antropoloxía, pedagoxía social, producindo coñecemento, ciencia en definitiva. Xaquín Lorenzo é quen inspira este congreso desde o ano 2003; el fixo como ninguén ese traballo de conversión da cultura oral en ciencia antropolóxica e pedagóxica. A centenaria xeración Nós foron xente da cultura, pero coidaron especialmente que esa cultura pasase ás mocidades, a través dos múltiples soportes: libros, museos, coleccións, enciclopedias, gravacións, ou dando pé, a fundacións e asociacións que inmortalizan o seu legado, e sitúannos no mundo. Vinte poñentes, vinte investigadores de distintos ámbitos e mais dunha ducia de portadores (Francia, Italia, Portugal e Galicia) ofrecen ao público unha oportunidade única de manter viva a memoria dos afiadores e outras profesións, poñela en valor, ensinala nos centros educativos e convertela en ciencia, multiplicando o labor silencioso pero enorme de Florencio de Arboiro e a súa Casa das Rodas.