Mensaxes tralas tormentas

IMAGEN Mónica Ferreirós / TEXTO Moncho Ares

FIRMAS

monica ferreiros

10 mar 2014 . Actualizado a las 01:05 h.

RETROVISANDO

Houbo algún barbancés que non mirase ó ceo este xoves? Despois de tres meses de penumbras e humidades, o sol saíu como un lóstrego. Semella que ten intención de quedar uns cantos días. Non sei se por falta de costume, pero a primeira xornada azul sorprendeunos con mensaxes que levaron a concluír que efectivamente nunca choveu que non escampara, que despois da tempestade chega a calma.... todo foi indo ó seu sitio na atmosfera, incluso os avións, que debuxaron cas súas estelas curiosas estampas que foron esvaéndose lentamente... mentres, abaixo, mestura de sensacións grazas ó Entroido, feitizo que ridiculiza a realidade para converter a traxedia do día a día nun circo de gargalladas. O mellor método de protesta: converterse por un día neles para facer o que eles non fan: unha existencia máis doada. Arden os peiraos do cerco, consecuencia da propia depredación e da histórica imposibilidade dunha regulación sensata de abaixo arriba.