16 oct 2013 . Actualizado a las 07:00 h.
Feijoo deixa unha imaxe dun presidente esgotado e sen ideas. Trata de aparentar que acaba de chegar, pero leva cinco anos gobernando. Xa non lle cola a ninguén ese discurso de futuro baleiro, porque pésanlle moito o pasado e o presente. O presidente da Xunta non dedicou nin catro minutos a falar dos problemas reais da xente. ¿Que esperanza lles deu aos máis de 30.000 fogares galegos sen ingresos? ¿Que lles dixo aos pensionistas e enfermos cada vez máis asfixiados? A medida estrela do día é, ou iso parece, unha rebaixa no IRPF que é unha vella promesa súa incumprida e adelgazada. Quen pide diálogo debe empezar pola responsabilidade.