Nicolás Vázquez, fixo onte especial fincapé na necesidade de buscar a enerxía máis adecuada e rendible para o territorio e puxo especial énfase na biomasa, que nos últimos catro anos foi a que máis tramitacións de subvencións acadou da Xunta.
-¿Que ventaxas ten?
-Entre outros, que a biomasa pode salvar os montes galegos. Na medida que a demanda desta enerxía se incremente levará ao proceso inverso do actual: en vez de xente interesada en destruir e queimar, haberá produtores de biomasa interesados en crear, no aproveitamento deses montes. Levará a que o monte este mais ordenado porque a biomasa require unha boa xestión do chan.
-¿Falamos de plantar árbores?
-Non so deso. A biomasa require de plantacións ben feitas para que a limpeza sexa sinxela. A xestión ordenada contribuirá a que o monte este máis limpo, pero os propios matorrales que nacen entre unha árbore e outra ou nos cortalumes, se utilizan para fabricar astillas e pelets.
-¿Hai empresas galegas interesadas neste campo?
-Hainas xa funcionando na fabricación dese combustible, tamén en Ourense. Ademáis de xerar emprego, incluso exportan, aínda que tamén importamos, o que implica que o mercado está pouco maduro. Tenderá a homoxeneizarse ca demanda porque cada vez se instalan máis caldeiras de biomasa.
-¿É coñecida polos cidadáns?
-Os primeiros pasos nas renovables sempre son lentos e aquí imos con retraso comparados con Centroeuropa. Aínda se recomenda pouco e iso que pode aforrar entre un 40 e un 60 % con respecto á caldeira de gasóleo.