Acabáronse os nervios

G. César Veloso

FIRMAS

Vivín a contrarreloxio en Vilanova. E puiden ver unha vez máis que o que nunca falla en Galicia son os afeccionados. Había un montón de xente. Estou seguro de que para a xente de fóra e para os propios ciclistas que miraban desde a batea para o chan ao fondo do mar antes de saír foi espectacular. Alí deixaron os nervios da estrea. Só unha pequena crítica a nivel organizativo. Onte os afeccionados non puideron ver ata moi ao final as súas figuras de preto na zona de quecemento, que estaba cortada ao público sen acreditación. Moita xente que se acercou a facerse unha foto tívose que quedar coas ganas. Eu non o vivira nunca. Entendo que haxa máis medidas de seguridade polas autoridades, pero teñen que buscar outra forma.