Retirados da provincia asócianse na defensa da sanidade, as pensións, a dependencia ou as barreiras arquitéctonicas
29 jun 2013 . Actualizado a las 07:00 h.A Unión de Jubilados y Pensionistas de UGT ten representación provincial. Na de Lugo, o secretario de organización é Jesús Plácido Iglesias Uz (Mondoñedo, 1953), veciño de Viveiro.
«O congreso primeiro -explica- se fixera hai máis de dous anos e agora tocaba facer o segundo. María Dolores Vieiro é a secretaria xeral, con antepasados de Viveiro e foi concelleira dúas lexislaturas con Orozco. En principio queremos continuar co traballo da executiva anterior, a nivel de formación e cursos pero tamén nos preocupan temas como a sanidade pública, universal e de calidade que reivindicamos constantemente. Os pensionistas somos os que menos recursos temos para poder pagar a privada. Queremos que as pensións sexan dignas e se respete o Pacto de Toledo ao 100%. A Lei de Dependencia tampouco se pode pasar de alto, os concellos teñen que presentar iniciativas e instar á Xunta que a dote de recursos presupostarios, non podemos olvidar que é o pilar do benestar social que nunca chegou a implantarse por falta de cartos. Queremos que os centros públicos de día sexan de calidade, se revisen e os coidadores debidamente formados para tratar ás persoas maiores. A eliminación de barreiras arquitectónicas é outro dos temas importantes. Galicia ten 250.000 discapacitados. Está ben que os concellos poñan autobuses pero non están dotados de plataformas para cadeiras de rodas. Os concellos teñen que telo como primeira orde e facer cumplir as normas de tráfico, estritamente, porque son os máis débiles na sociedade e estamos na lista de ser mañá calquera de nós».
-Hai que darlle máis valor a esa etapa da vida, ¿non?
-Eu fun membro do comité nacional galego onde se organizan xornadas de formación e nunha tivemos un catedrático de Socioloxía. Dicía que aprender a envellecer é fundamental. Unha vez que te xubilas tes que vivir outro modelo de vida distinta.
-E poden aportar moito...
-Os xubilados ademais estamos axudando ás familias criando os netos, por exemplo, e estamos sendo un pilar fundamental na economía deste país. Se nos están amezando con tocar as pensións, xa me dirás.... Os xubilados temos que seguir reivindicando.