Até entrar nas aulas da Universidade de Vigo, Gabriel sempre viviu no Carballiño. O terceiro ano dos seus estudios universitarios pasounos na cidade belga de Bruxelas cunha bolsa Erasmus e ao acadar a licenciatura, estivo oito e sete meses, respectivamente, traballando en institutos en Newcastle (Inglaterra) e no Val-d?Oise, localidade das aforas de París. En outubro do 2010 desprazouse a Kobe (Xapón), cunha bolsa do Ministerio de Educación xaponés e xa leva máis de dous anos e medio. Agora atópase estudando un máster de Lingua e Comunicación na Universidade de Kobe. Polo momento, atópase no segundo ano e graduarase en marzo do ano que vén. Ao mesmo tempo tamén prepara o doutoramento na Facultade de Tradución da Universidade de Vigo, motivo polo cal retornará a Galicia, unha vez cumpra os nomeados obxectivos.