«A oposición a Ence é máis unha razón histórica que baseada en datos»

b. v. PONTEVEDRA / LA VOZ

FIRMAS

O máximo responsable da fábrica de Ence en Pontevedra amósase optimista sobre a continuidade da factoría na comarca.

-¿Cándo pedirán a renovación?

-Evidentemente cando haxa esa posiblidade se fará. O noso obxectivo, e dixémolo repetidamente en moitas ocasións, é permanecer co noso emprazamento industrial aquí e ademáis co convencemento de todo o mundo. Teremos que seguir traballando para convencer non só á poboación, senón a todos os organismos, de que o noso comportamento ambiental é excelente, e polo tanto, non hai ningún motivo para que non sigamos aquí.

-¿En que cambia a Lei para a súa continuidade na comarca?

-En que permite pedir esa ampliación da concesión, cousa que coa lei antiga non era posible.

-¿É viable trasladar Ence?

-Falar de traslado é unha falacia, porque o único posible é pechar unha fábrica e construir outra nova noutro sitio. O que sucede é que non hai lugares axeitados no entorno por razóns técnicas e desde o punto de vista económico suporía 700 millónes de euros, e hoxendía unha fábrica nova con ese investimento na Europa Occidental é imposible de amortizar.

-¿Cre que a cidade lle da a espalda a Ence?

-Vimos traballando para intentar convencer aos que se opoñen a nós de que están equivocados. Eu non creo que a cidade nos dea a espalda, hai unha boa porcentaxe que ten as súas dúbidas e outra porcentaxe aínda máis pequena que está en contra. A oposición á fábrica é máis unha razón histórica, do pasado, porque non é unha razón baseada en feitos de hoxendía. O noso comportamento ambiental é excelente e está a un nivel dos primeiros do mundo.