Un tramo da rúa Bos Aires pecharase para acoller o evento
08 ene 2013 . Actualizado a las 07:00 h.O barrio lalinense de A Cacharela celebrará por sexto ano consecutivo, o vindeiro 10 de febreiro, a súa festa de Antroido. Xornada dominical festeira que manterá un programa de actividades moi semellante ao de anteriores edicións; e para a que a Asociación de Veciños da Cacharela, que preside Antonio García Daparte, conseguiu do Concello de Lalín a pertinente autorización para pechar ao tráfico o tramo da Avenida Bos Aires no que se desenvolven as actividades de lecer.
Como ven sendo habitual nestes últimos anos os organizadores pretenden abrir o Antroido con diversos xogos para cativos e dar paso, de seguido, á xa tradicional merenda chocolatada que culminará coa saída dos sempre chamativos «Cacharelos», figura representativa do Antroido que percorre o barrio lalinense na procura dos que non están convintemente disfrazados para a ocasión. A organización baralla que nesta edición saian oito «Cacharelos» a amenizar un serán no que non faltará tampouco a música en directo.
As inquedanzas culturais dos veciños deste céntrico barrio lalinense foi o que os levou a organizar esta festa que ano tras ano conta con maior participación de público. Dende o pasado exercicio de 2012 os organizadores oficializaron a actividade a través dunha asociación propia: A Asociación de Veciños da Cacharela, que vela pola continuidade deste evento e para dar resposta a calquer problema que puidera xurdir na zona. A directiva do colectivo lalinense loa a participación da veciñanza na celebración. «El año pasado se involucraron todos los vecinos, y somos unos 200 en ese tramo de la Avenida Buenos Aires donde se hace la fiesta. Unos con su trabajo, otros elaborando postres, vendiéndolos... Ahí está una parte de nuestra financiación popular. Vendimos rifas para una cesta y con lo que se recaude con los postres que se venderán a precios simbólicos amortizaremos el coste del Antroido. De no ser por la colaboración de los vecinos no podríamos hacer estas cosas», sentencia Tito González Cuñarro.
Os «Cacharelos» a piques estiveron o ano pasado de presentarse ao público do país veciño nunha exaltación de festas de Antroido. Nesta ocasión non hai ningún convite pechado pero o colectivo amósase aberto a calquera iniciativa interesante que xurda na comarca «para impulsar as nosas tradicións».