Lembranza do escritor Xosé María Díaz Castro

La Voz

FIRMAS

21 mar 2012 . Actualizado a las 14:04 h.

O 5 de maio do 2011 en La Voz de Galicia (A Festa da Palabra 2011 lembrará ao escritor Xosé María Díaz Castro)

A Festa da Palabra rendiu homenaxe a Díaz Castro precisamente no ano en que se celebra o medio século de publicación dunha das obras máis recoñecidas da poesía galega do pasado século: Nimbos. González Tosar lembraba que o poemario de Díaz Castro «é un dos verdadeiros referentes da poesía galega nun tempo de grandes obras cimeiras na poesía social e lírica: Longa noite de pedra (1962), de Celso Emilio Ferreiro, e Nimbos (1961), de Díaz Castro».

Actividades

«Ai, capitán / Chorar, chorar, méntrelo barco rompe / contra o solpor, na noite! / A tua pipa non verán meus ollos / fomegar máis; / a túa risa, para sempre inmenso / abrente na mar. / Lume che din, cinza me queda. / Cinza, capitán! / Sola a sireia do teu barco / toda a eternidá. / Fume nos ollos, aréa fría / nas miñas maus. / ¡E ti fumando n-esa pipa / a miña vida, capitán! / ¡Chorar, chorar: / como sempre choraron as mulleres, / con barcos ou sin eles!» (Nimbos, 1961).