08 feb 2012 . Actualizado a las 07:00 h.
A aposta teatral desta fin de semana vén a Vilagarcía polo que recade coa venta de entradas. Malia iso, Cándido Pazó explicou que non lle gustaría que «os concellos pasasen dun extremo ao outro, pretendendo que todo o risco sexa para as compañías». Porque en Vilagarcía «hai un continente que hai que encher e, se é así, o único que se programarán serán cousas con tirón televisivo». Pero tamén foi crítico co sistema de venda anticipada de Novacaixagalicia, que «nos cobra a nós un 3% e ao público un euro e pico» por cada entrada.