Un ano máis aquí está de novo a comparsa Os Solfamidas, a pesar da dichosa crisis. ¿En que nos afecta? Telas máis caras, premios máis baixos, concellos que non pagan, outros que xa non fan desfiles de entroido... Vamos, o mesmo de todos os anos desde que eu ando por estas lerias. Porque sendo sinceiros, nós sempre estamos en crise, por iso estamos acostumados. Pero con inxenio e imaxinación, conseguimos sacalo adiante.
A mellor receta contra a crise é a paixón, a paixón por esta afición que poucos entenden. Ide onda calquera dos meus compañeiros, sobre todo das miñas compañeiras, e dicídelle que este ano no hai comparsa, que non poden saír a bailar e tocar no entroido porque non hai cartos ou pola subida do euríbor... E veredes nos seus ollos e caras a solución a todos os males, traballo e moita ilusion.
E aquí os tedes, agora mesmo aquí o meu lado, pegando lentexuelas e facendo gorros entre risas e chistes, traballando sen parar... Feliz entroido a todos.