Cando non poden quedar na casa

Ana Lorenzo CONCELLEIRA DE VILAGARCÍA

FIRMAS

Oideal para os maiores e que permanezan na súa casa, pero se por razóns de idade ou porque o domicilio non reúne as condicións non pode ser, son precisos recursos alternativos, da familia, dos servizos sociais ou conxuntamente.

O problema van dado pola falta de medios humanos e de recursos sociais e pola burocracia en si. En Vilagarcía aínda que agora din que o persoal estaba sobredimensionado, polo menos en servizos sociais fíxose un esforzo por incrementar o número de postos de traballo, e ata se creou unha bolsa de emprego, porque cando faltaba un técnico ese oco quedaba descoberto, e agora non hai quen o atenda. Parecíame importante que esa bolsa quedara aí, pero a eliminaron. Polo tanto, en Vilagarcía houbo un avance en recursos humanos, pero queda moito por facer nos recursos sociais; prazas de residencias públicas, centros de día ou axuda no fogar, que está paralizado. Mentras non haxa eses servizos, pouco vamos poder facer.

Burocracia

Logo está a burocracia. Para acollerse á Lei de Dependencia son necesarios uns trámites moi engorrosos e ás veces ás persoas lles resulta moi difícil aportar esa documentación, o cal ralentiza a súa resolución, e máis agora, que está todo parado, o cal me parece gravísimo.

Aparte hai persoas, como das que estamos a falar, que nin sequera acoden aos servizos sociais. Viven soas, non teñen apoio familiar e o que se fai nestes casos é achegar os servizos aos usuarios, pero ás veces atopámonos co seu rexeitamento, ou non están sequera nas súas plenas facultades. Se non hai implicación familiar ou non se ten a autorización da persoa hai que tramitar a incapacidade, ben a propia familia ou os servizos sociais de oficio. Pero aí atopámonos coa lentitude da xustiza, o que da lugar a casos nos que ninguén pode decidir.

Eu penso que é necesario simplificar os cauces para a tramitación e axilizar a xustiza, sobre todo cando son casos remitidos polos servizos sociais, aos que se lles debería dar máxima prioridade. Pero a práctica dista moito disto. E por último, máis servizos sociais e públicos, para poder acceder as prazas.