A Sociedade La Devesana rende tributo a un mestre «paseado»

A. C. ORTIGUEIRA / LA VOZ

ORTIGUEIRA

O acto en memoria de Rafael Fernández Casas será este domingo, día 16

15 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Rafael Fernández Casas, mestre, foi paseado e asasinado no lugar de Trasanquelos (Oza-Cesuras) o 20 de agosto de 1936. Orientado, o seu único fillo vivo, mantén a esperanza de, «algún día, poder enterrar os restos de seu pai, xunto aos de súa nai, e poder honralos como merecen», subliña Emilio Castro, presidente da Sociedade de Instrución e Recreo La Devesana (Ortigueira).

Alí, na parroquia de Devesos, deu clase Fernández Casas e coñeceu a Melisendra, coa que casou. Este domingo, día 16, ás 12 horas, descubrirán unha placa co seu nome na aula «onde exerceu o seu maxisterio».

Intervirán representantes de asociacións culturais e pechará o cronista oficial de Ortigueira, Xosé Carlos Breixo.