«Hai documentos do século XVIII nos que xa se falaba desta feira»

A.C. MOECHE / LA VOZ

MOECHE

Bascoy agradece os apoios.
Bascoy agradece os apoios. á. m.

A alcaldesa de Moeche cre necesario potenciar e ordenar as feiras

22 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A alcaldesa de Moeche, a nacionalista Beatriz Bascoy, constata «o valor histórico» da Feira do 23 de Abril. «Hai documentos do século XVIII nos que xa se falaba desta feira de Moeche», constata.

-¿Que importancia ten esta feira cabalar para Moeche?

-Ten unha importante repercusión económica, sobre todo para o sector da hostalería, en Moeche e tamén nos concellos limítrofes. Tamén xera un movemento en torno ao gando, máis aló das transaccións económicas; identifica ao Concello de Moeche e dá a coñecer o recinto feiral. A de mañá é a feira máis importante das que se celebran ao longo do ano, a que máis xente trae.

-Este ano cadra en sábado, pero cando é por semana, hai xente que non vai ao traballo para vir...

-Si, ten tal arraigo na xente, que moitos piden libre no traballo. Xa é unha tradición, e os rapaces faltan á escola, os nenos de Moeche que estudan en San Sadurniño non van ese día.

-¿Que necesidades ve e que proxectos ten o Concello en relación con esta feira?

-A feira temos que potenciala, porque é un motor económico, pero necesita unha reorganización, non só a do cabalo, senón as feiras no seu conxunto. O Concello ten previsto elaborar unha ordenanza que regule ben o funcionamento das feiras.

-Colabora moita xente.

-O Concello agradece a colaboración de Protección Civil de Ortigueira, Valdoviño e As Pontes; a Garda Civil e os veciños que deixan as fincas para facer a feira e o aparcamento. E o traballo da asociación que organiza a feira.