Las escuelas de idiomas de la provincia de A Coruña se reinventan con más enseñanza semipresencial

joel gómez SANTIAGO / LA VOZ

FERROL CIUDAD

PACO RODRÍGUEZ

Tienen más clases a distancia, pero numeroso alumnado exige el contacto

21 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Las escuelas oficiales de idiomas (EOI) de la provincia de A Coruña perdieron alumnado por la pandemia y se reinventan, con más enseñanza semipresencial, para recuperarlo. El centro de A Coruña pasó de más de 7.000 estudiantes matriculados en el 2019 a 5.000 este curso; el de Santiago, de 5.000 a 3.762; y el de Ferrol, de casi 3.000 a 2.064, entre alumnos de sus sedes centrales y secciones (Culleredo, Arteixo, Carballo y Cee en el coruñés; Negreira, Ordes, Noia, Ribeira y una segunda en Santiago, en el compostelano; y As Pontes y Cedeira, en el ferrolano). Las seis escuelas enseñan inglés, portugués, francés, alemán, italiano y gallego; en Santiago y A Coruña también español para extranjeros; y en A Coruña, a mayores, árabe, chino, japonés y ruso.

«No noso centro había un grupo que preparaba material para o ensino semipresencial, cunha orientación diferente á que se precisou coa pandemia. E aproveitamos para implementar máis ensino semipresencial nos niveis intermedio e avanzado de inglés, e no avanzado de francés, pouco a pouco», explica Susana Aldao, directoria de la EOI de A Coruña.

Con el covid volvieron las clases de estilo más tradicional: el alumnado mirando de frente en el aula y, además, mascarilla o ventilación, que crean incomodidad. «Aínda que temos aulas con capacidade para 25 estudantes, vemos como docentes e alumnado queren traballar doutro xeito, en círculo, para favorecer a comunicación na aula, nunha situación máis normal. Sobre todo a máscara, todo o mundo a quere deixar», agrega Aldao.

En Ferrol «ao alumnado máis novo non lle importa tanto seguir as aulas a distancia, a videoconferencia. Porén, temos un alumnado moi heteroxéneo e maioritariamente vemos que queren as aulas presenciais para falar e practicar entre eles o idioma que estudan. E para moitas persoas é importante vir á EOI por unha motivación social, para ter contacto directo con outras persoas. Aínda que asumimos que se deben ofrecer outras modalidades, a maiores da presencial», dice su directora, Feli Carballido.

Para Gonzalo Constenla, director de la EOI de Santiago, «a mellor forma de practicar un idioma é con contacto social. E a normativa europea que temos de referencia recomenda a aprendizaxe dunha lingua enfocada á acción, para o que se precisa da interacción social, ou unha simulación desa interacción na aula». Sin embargo, matiza, «no noso centro, coa pandemia, observamos unha clara tendencia a favor da semipresencialidade, que xa é de case o 50 %, vemos como interesa máis nas consultas que fixemos ao alumnado. É tamén unha consecuencia dos ritmos da vida e da evolución social: hai anos nas EOI había aula 5 veces á semana, despois 3 días, e agora a 2. Temos que nos axeitar ao que esixe o alumnado e combinar diferentes modalidades», agrega. Constenla destaca como una ventaja que «coa pandemia o profesorado traballou máis con tecnoloxías e as administracións investiron niso, e nas aulas en liña tamén se pode facer interacción».

Otra consecuencia de la pandemia fue que, este año, por primera vez se realizan exámenes libres en febrero. Eso en Santiago disminuyó la participación, pero en Ferrol no lo notan tanto.

El inglés es el más demandado y prevén una mayor exigencia de nuevo en las empresas

El inglés es el idioma más estudiado en las EOI de la provincia, y también el que más se demanda en las ofertas de empleo de las empresas que exigen el requisito de conocer una lengua extranjera. Con la pandemia, y según un reciente informe del portal Infoempleo y la empresa de recursos humanos Adecco referido al año 2020, han disminuido las demandas de empleo que piden conocer lenguas. «Iso tivo que ver coa redución da mobilidade pola covid. A medida que se levanten as restricións e regresa a normalidade iso prevemos que tamén mudará», afirma Gonzalo Constenla, director de la EOI de Santiago.

Valora que pudo haber influido asimismo la necesidad de encontrar personal para hacer frente a la dependencia de ciertos productos del exterior. «A mundialización e a externalización dos produtos comerciais e das empresas era unha evidencia antes da pandemia, e o incremento das relacións comerciais. En todo o caso, o coñecemento de máis linguas é unha ferramenta para a mellora persoal e social no mundo actual. E as políticas educativas europeas insisten niso, en que os idiomas son fundamentais para mellorar has habilidades persoais, as mobilidades e encontrar emprego. Na EOI de Santiago este curso xa notamos unha recuperación da matrícula de alumnado oficial e pensamos que mellorará moito máis a demanda», agrega Constenla.

Álvaro Ballesteros

«Son minoría os que estudan unha lingua só por pracer» 

A EOI de Santiago comezou a conmemoración do seu vixésimo aniversario, que continuará nos próximos meses: «Queremos facer balance destes anos e aproveitar para cohesionar a comunidade de aprendizaxe cunha celebración colectiva», di o seu director, Gonzalo Constenla. 

—Na poboación de Santiago pesa moito o funcionariado e o alumnado universitario, acoden á EOI?

—Si. No caso do funcionariado veñen pensando no recoñecemento de méritos ou nunha promoción profesional. O alumnado universitario busca máis unha titulación, aprender para ir ao estranxeiro. Hai unha pluralidade de motivacións, aínda que a maioría buscan aplicacións máis prácticas.

—Cal ve como a principal motivación?

—Obter un emprego ou mellorar. A maior parte das persoas estudan no noso centro por incrementar ou mellorar o seu currículo, son minoría quen estudan unha lingua só por pracer ou por perfeccionar un idioma que xa coñecen.

CESAR QUIAN

«Na Coruña e en Carballo debería haber máis prazas» 

Para a Escola Oficial de Idiomas da Coruña a pandemia da covid-19 «foi unha oportunidade de facer cousas para as que non tíñamos tempo antes», di a súa directora, Susana Aldao. 

—Que cousas fixeron?

—Por exemplo, mellorar a biblioteca; ou, ao non poder viaxar polas restricións, promover máis proxectos tipo e-twinning con outros centros europeos, a través desa plataforma, que é en liña.

—Que proxectos teñen para os próximos anos?

—Na Coruña e en Carballo debería haber máis prazas e unha oferta máis potente. Na Coruña mesmo se precisaría outra sección na propia cidade; e a sección de Carballo penso que xa se debería independizar e medrar.

—Cando será realidade iso?

—Son cuestións que non dependen do noso centro, se non da Consellería de Educación. O mesmo que ter máis linguas. Sería interesante que nas EOI, alén de español e galego, se puidesen estudar as outras linguas cooficiais, como catalán éuscaro.

CESAR TOIMIL

«Moita xente non coñece ben como é a nosa oferta» 

Feli Carballido, directora da EOI de Ferrol, admite que «temos que recuperar o alumnado que perdemos por causa da pandemia, moitos parece que se esquecesen da nosa existencia». 

—Ten moito impacto a EOI nunha cidade como Ferrol?

—Debería ser maior. Hai xente que non sabe que existimos, ou pensan que funcionamos como unha academia privada; moita xente non coñece ben a nosa oferta e temos que da a coñecer mellor a EOI.

—Que queren divulgar?

—Que se coñeza, por exemplo, o prezo da matrícula, que é duns 100 euros por curso e ofrece moitas posibilidades. Alén de poder certificar o nivel da lingua que estuden, poden traballar a expresión ou a comprensión oral, ampliar o coñecemento dunha lingua e outros beneficios e sen ter a presión dun exame.

—Prevén ampliar a oferta de idiomas?

—Pensamos en poder ofrecer español para estranxeiros, é un proxecto que estamos a valorar, pois vemos que pode interesar.