Suicidio


Jaime Quintanilla, médico forense e alcalde de Ferrol, foi autor dun libro singular: «El Complejo mundo del suicidio». Non é unha guía para suicidas, aínda que tamén se pode usar como guía para estar concordo con usos e costumes ferroláns. Por exemplo hai máis suicidios cando sopla o sur. «Finou porque da boca soplou». A boca da ría. É un libro científico que acae ben para estes días de verán toliño.

O suicidio está aí con tantos por cento variables e con liturxias culturais, como todo na vida humana. O libro vai ilustrado por Siro con debuxos que imitan a aqueles algo morbosos dos vellos periódicos de sucesos. Os psiquiatras, a policía e mais os antropólogos loubaron este libro singular e metódico. Don Jaime Quintanilla era así na política e non so como forense: Metódico, racional e con retranca.

Tamén é verdade que se fiaba do Interventor e do PC, porque daquela o PC era outra cousa. Separaba o mundo das crenzas do mundo sensorial e deixou en Ferrol unha pegada de racionalidade que moito se bota de menos.

Despois a dereita gañou con outro forense. Non quería ser menos, ainda que resultou moito menos. E o PSOE pensou nun psiquiatra para alcalde, pero o psiquiatra declinou a invitación. Podemos divagar, nunca facer chistes. Hai pobos enteiros que se suicidan con grande aparato levando por diante a xente asisada que non quería suicidarse.

O suicidio que trata Quintanilla é o persoal e case sempre civilizado. Pódese logo recomendar o libro como unha guía de utilidade pública.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Suicidio