A Ribeira de Maniños, máis limpa grazas a Aetna, Adega e os escolares do CEIP Os Casais

LA VOZ FENE

FENE

<span lang= gl >Lixo recollido polos escolares e o resto de voluntarios</span>
Lixo recollido polos escolares e o resto de voluntarios

Retiraron cen quilos de lixo o venres

20 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Sociedade Etnográfica da Natureza (Aetna) retirou o venres cen quilos de lixo da Ribeira de Maniños, en Fene. Fíxoo en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e co CEIP Plurilingüe Os Casais, de Maniños, en Fene.

Medio cento de escolares e sete mestres baixaron a pé desde o colexio ata a Ribeira para axudar a retirar o lixo esparexido pola zona.

Ao pasar por diante da panadería O Cruce, alí en Maniños, agasallaron aos nenos con «palito» de pan e un boliño de leite.