O proxecto Fene 1941 continúa este martes coa segunda das conversas abertas

La Voz FENE

FENE

Botadura en Astano, en 1945
Botadura en Astano, en 1945 ARCHIVO - ASTANO

Terá lugar ás 19.30 horas na Casa da Cultura

14 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O proxecto Fene 1941. A historia viva desde o estaleiro continúa este martes, 14 de outubro, coa segunda das conversas abertas coa veciñanza, que terá lugar ás 19.30 horas na Casa da Cultura. Nesta ocasión, participarán representantes das parroquias de Sillobre, Limodre, Magalofes e Maniños, completando así o percorrido polas oito parroquias do concello iniciado a pasada semana.

A primeira xornada, celebrada o pasado martes, reuniu a un nutrido público e deixou momentos cheos de emoción e lembranzas, coas intervencións de veciños e veciñas de San Valentín, Perlío, Fene e Barallobre, que compartiron as súas vivencias e historias arredor do estaleiro e da vida no concello.

As actividades continuarán esta fin de semana cunha nova sesión da ruta de tapas O estaleiro nas tabernas.