Daniel Romero, xestor cultural de Fene, recolle o Rosalía de Castro de Lingua

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

Daniel Romero, no medio co galardón, entre Justo Ardá e Sandra Permuy
Daniel Romero, no medio co galardón, entre Justo Ardá e Sandra Permuy Concello de Fene

O xurado recoñece o seu traballo «por abrir novos camiños e innovar en diferentes ámbitos sociais e de dinamización da lingua»

22 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O xestor de actividades culturais do Concello de Fene, Daniel Romero, xa recolleu o seu premio Rosalía de Castro de Lingua 2023. A entrega foi celebrada no Museo do Pobo Galego este mércores, con Romero recibindo o galardón na categoría de Persoa. O xurado recoñece a Romero por «abrir novos camiños e innovar en diferentes ámbitos sociais e de dinamización da lingua, realizando un traballo continuado durante décadas».

O certame Rosalía de Castro de Lingua, organizado por Cultura da Deputación da Coruña, recoñece a persoas ou entidades adicadas á promoción do patrimonio lingüístico galego.

O xurado tamén salientou que «o seu compromiso convérteo no faro das persoas dedicadas á normalización lingüística», tras máis de 40 anos traballando tanto dende o Concello en proxectos como Ciberlingua.