
Di que hai "zonas que supoñen un verdadeiro perigo no paseo de madeira"
26 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O BNG de Ares denuncia nun comunicado o «deterioro progresivo» do humildal da Xunqueira, e mesmo «a existencia de zonas que supoñen un verdadeiro perigo para as persoas que transitan polo paseo de madeira».
Os nacionalistas reclaman iniciativas concretas de ordenación para este espazo. Segundo o responsable local do Bloque, Tino Seco, «a instalación do paseo de madeira foi unha pantalla sobre a que se oculta que non houbo unha intervención real para actuar nos problemas que aqueixan á Xunqueira». Esas problemáticas consistirían en «falta de limpeza e ordenación das canles que conflúen, vertidos incontrolados ou proliferación de flora invasiva». Na instalación do paseo de madeira asegura que «se investiron máis de medio millón de euros, e co progresivo deterioro da madeira continuarase co gasto».