Ares acolle a presentación do libro «O practicante rural» de Xoán Rubia

La Voz ARES / LA VOZ

FERROL

Xoán Rubia, co seu libro «O practicante rural» no Cantón de Molíns.
Xoán Rubia, co seu libro «O practicante rural» no Cantón de Molíns. JOSE PARDO

A cita será este xoves na Alianza Aresana

09 sep 2025 . Actualizado a las 22:16 h.

Ata Ares leva o escritor e músico Xoán Rubia o seu último e exitoso libro, O practicante rural editado por Galaxia. A cita será este xoves na Alianza Aresana, ás 20.00 horas.

O mugardés conversará con Lois Méndez, traballador do Sergas, e co veciño Juan Prados sobre as súas experiencias como practicante rural no século XX.

 Como indica Rubia, «cheguei a vacinar a un chimpancé ou mesmo atender dun suposto cólico a unha rapaza... que finalmente estaba embarazada e deu a luz ante a sorpresa familiar».