O campus entrega os premios aos mellores proxectos de Aprendizaxe e Servizo na UDC

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Na imaxe, a Feira de Entidades que acolleu o campus no marco da xornada conmemorativa polo décimo aniversario dos proxectos ApS
Na imaxe, a Feira de Entidades que acolleu o campus no marco da xornada conmemorativa polo décimo aniversario dos proxectos ApS CESAR TOIMIL

Os galardóns foron entregados durante o acto conmemorativo polo décimo aniversario da implantación desta metodoxía educativa na UDC

13 jun 2025 . Actualizado a las 11:37 h.

O Campus Industrial de Ferrol acolleu este xoves o acto de entrega dos IV Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe e Servizo (ApS) na Universidade da Coruña (UDC). Houbo tres categorías e os primeiros premios foron para os docentes José Antonio Cortés, Elvira Santiago e Carlos Díz, polo proxecto O Monte Cambeiro: Un parlamento de Cousas (na categoría de sustentabilidade e concienciación ambiental); Laura Cruz e María Barba, polo proxecto Cartografía Corporal: dos discursos de odio a un lecer compartido (na modalidade de sensibilización en educación para o desenvolvemento); e Eva Espiñeira, Rocío Bellón, José Luis Martín e Patricia Coucheiro, por su iniciativa Unha proposta de Aprendizaxe e Servizo na formación de educadores e educadoras (en la categoría de reducción de desigualdades).

Os premios foron entregados durante a xornada conmemorativo do décimo aniversario dos proxectos de EPS na UDC, que tamén incluíu unha exposición de carteis e unha Feira de Entidades na que participaron algunhas das ONG e asociacións colaboradoras nestes proxectos.