Caldo de Gloria na pegada dunha Rosalía de Castro que veraneou no Eume

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida NARÓN / LA VOZ

FERROL

Caldo de Gloria en Ortigueira polo Día de Rosalía de Castro
Caldo de Gloria en Ortigueira polo Día de Rosalía de Castro Cedida

Os actos se multiplican na honra da matriarca das letras galegas

24 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

No verán de 1864, Rosalía de Castro descansou coa súa familia en Breamo (Pontedeume). E grazas a esta paisaxe recuperou a inspiración para escribir Cantares Gallegos, ademais de celebrar a romaría do Seixo en Mugardos. Ferrolterra, Eume e Ortegal conservan esa conexión coa matriarca das letras galegas. E na celebración do Día de Rosalía de Castro, léronse poemas e tamén se volveu a probar o seu Caldo de Gloria.

Cunha receita sacada do poema Miña casiña, meu lar, saboreouse na residencia de maiores de Ortigueira e no centro Aspromor, ademais de en locais de hostalería deste concello. No Concello de Ferrol, houbo lectura de poemas cos alumnos do IES Carvalho Calero e unha posterior ofrenda floral na estatua da poeta.

Os actos continúan hoxe en Narón, onde haberá ás 11.00 unha lectura na biblioteca municipal. En Odeón, o Grupo de Autores de Ferrolterra ofrece un recitado. E no IES Punta Candieira de Cedeira, haberá o luns poemas dramatizados en dez idiomas.