Ángel Mato e Eva Martínez inauguraron onte a feira de arte Regalarte

la voz

FERROL

Ceddia

03 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde, Ángel Mato, e a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, inauguraron onte a segunda edición da Feira do Voluntariado do Concello de Ferrol. Ata 26 entidades que desenvolven o seu papel na cidade astarán na praza de Armas ata o luns, Día Internacional do Voluntariado. Os postos estarán en horario de 11.00 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas.

Participarán na feira 26 entidades sociais que desenvolven toda o parte da súa actividade na cidade: ACCU, Cáritas, Asotrame, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, Cocina Económica, ADRA, Xeración, Cruz Roja, Secretariado Gitano, Balría, Asarga, Affinor, AECC, Vida Activa, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Asociación de Celiacos de Galicia, Manos Unidas, Movilidade Humana, FAMYC, ASCM, Alcer, Acción Familiar, Aspaneps, Cogami e Protección Civil de Ferrol, que ao igual que o pasado ano protagonizará unha exhibición dos seus vehículos.