Frases con xeito

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

02 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

É un pracer ler ou escoitar frases inxeniosas. Teñen algo de música para boa ópera. No barroco español o xesuíta Baltasar Gracián escribiu un libro titulado «Arte de ingenio». En xeral os clásicos coidaban este oficio de pulir as palabras en frases ben afinadas. Por exemplo a de aquel capitán: «Enviaban a un capitán a la guerra con pocos contra muchos, y él tomó la mitad menos. Preguntado por qué, respondió: Para ir a morir aún sobra gente». Igual que Shakespeare e Cervantes non se fixeron con pouco traballo de pluma afiada, por citar a dous que paga a pena citar, desculpando a súa cara, tamén é unha desgraza que tantos cerebros se perdan con escritos insustanciais. Perde o tempo o escritor e pérdeo o lector. As frases agudas, de inxenio, ditas con xeito e elegancia ao parecer foron desterradas deste mundo como foi desterrada a boa música. É como darlle a Miguel Anxo, o escultor, un martelo percusor dos de aire comprimido. Non digo eu que non o mirase con ollo profesional, mais para «a Pietá» do Vaticano, parece que non era. Seguramente levamos anos destrozando a linguaxe e destrozando en consecuencia a moral e o pensamento. Outra cousa non se explica cando se dan frases públicas nos templos e capelas da democracia, como «Vete al médico» (dita a un político que falaba das carencias en sanidade psiquiátrica , e «as mulleres de Podemos solo suben si se agarran a una coleta» (dita á ministra Yolanda Díaz) Qué máis dicir dos chistes zafios? «A graza do burro é morder».